Os traballos afectan ao tramo que vai desde o punto quilométrico 1,385 ao 9,214 e contan cun investimento da institución provincial de case 384.000€. Estas obras súmanse ás xa acometidas pola Deputación desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 1,3 e para as que destinou máis de 92.000€
As obras, que está a realizar a empresa Cholo SL, consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas. O prazo de execución destes traballos é de tres meses.
Con este proxecto a Deputación de Lugo renovará a totalidade desta estrada provincial ao seu paso polos concellos de Cospeito, Begonte e Vilalba, pois estas actuacións súmanse ás xa acometidas pola institución provincial no treito que vai desde o inicio da vía ao punto quilométrico 1,385. Para esta actuación a Deputación destinou máis de 92.000€ o que supón un investimento total de case 480.000€ para o arranxo dunha vía que dá servizo directo a máis dun milleiro de habitantes que residen nas cinco parroquias cospeitegas que atravesa: Sistallo, Villapene, Seixas, Pino e Rioaveso.