Site icon Crónica3.com A Mariña

A percusionista Luana Uroz Roca debutou coa Banda Municipal de Música de Ribadeo no concerto das Letras Galegas deste venres

Ribadeo, 17 de maio de 2025. A percusionista Luana Uroz Roca debutou coa Banda Municipal de Música de Ribadeo no concerto das Letras Galegas que ofreceu onte, venres, no auditorio municipal Hernán Naval.

Nesta actuación a Banda ribadense interpretou por primeira vez catro obras: Arabian dances, de Roland Barret; Highlights from the phantom of the opera, de Andrew Lloyd Webber, con arranxos de Johnnie Vinson; Obertura 1812, de Piotr Ilich Tchaikovsky, arranxada por Mark Williams; e Fantasía sobre tres temas galegos, de Simón Couceiro Riveira. Tamén tocaron Lela, de Rosendo Mato Hermida; ¡Música mestres!, de Juan Lois Diéguez; Ela, con música de Andrés Álvarez e texto de Verónica Rodríguez Martínez, na que houbo unha narración por parte da compoñente da Banda Elisa Calvo-Sotelo Fernández-Catuxo; Panxoliño, de R. e F. Groba; e rematou o concerto co himno galego.

O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, agradeceu a colaboración do pianista Martín Bucki (profesor da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo) na interpretación da obra Ela.

Exit mobile version