Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma pola Defensa das nosas Arbores debate sobre o proxecto de construír un novo Centro de Saúde en Ribadeo e propón unha andaina informativa este sábado

Ribadeo 29 de maio de 2025. O pasado martes, 20 de maio, celebrouse unha xuntanza da Plataforma pola Defensa das nosas Arbores para debater sobre o proxecto de construír un novo Centro de Saúde nos arrabaldos do extrarradio de Ribadeo, e deixar sen actividade o centro actual. Tod@s @s integrantes do grupo estiveron dacordo en que o problema mis grave da sanidade en Ribadeo non é de locais, senón de persoal sanitario. “A falla de médicos de Atención Primaria, de pediatra e de enfermeiras é o que os ribadendes constatan todos os días e padecen as insoportabeis listas de agarda. Ninguén se queixou nunca de se o edificio do actual centro de saúde pode ter algunhas eivas polos anos da súa construicción, ou precisa algunha reforma. En todo caso o proxecto de levar o Centro de Saúde aos terreos en fronte da estación de servizo considerouse un atraso para a gran maioría das persoas usuarias destes servizos. En primeiro lugar pola enorme distancia dun km ao centro actual e as grandes dificultades para acceder a esa zona, non só pola distancia senón polas rotondas, cruces e estado das beirarrúas, moitas delas inexistentes ou intransitabeis. Temos comprobado por enquisas que o 75 % das persoas acuden camiñando ao centro actual e non en coche, e que a cotío entre 750 e 800 persoas úsano nos días de diario. Tamén resulta obvio que a gran maioría son persoas de edade avanzada ou cativos cas suas nais, e mesmo que a zona onde se pretende construir o novo centro está nunha curva perigosa, de pousa visibilidade, e que nas horas da mañán adoitan circular ata 17 automoveis por minuto, moitas veces en caravana, o que temos comprobado repetidamente sen mirar as horas punta de entrada e saída do traballo que seguramente serán moitas mais. Calcúlese o que serán 400 ou 500 viaxes mais por esa zona para entrar e sair do centro de saúde”.

Por outra banda “consideramos que a maior parte da xente de Ribadeo non está ben informada sobre os problemas que traerá levar o servizo de saúde a un km de distancia, e mesmo temos comprobado que hai moitos que se queren desentender decindo que “de aquí a que se faga”… Polo tanto acordamos facer unha andaina para recoller información, facer fotos, informar á veciñanza e medir o tempo e os atrancos que nos levará ir dende o actual centro ata a zona onde se pretende poñer o novo, ou sexa enfronte da estación de servizo. O acto será o sábado 31 de maio saindo ás doce da mañán do actual centro de saúde e indo polas beirarrúas. Non se trata exactamente dunha manifestación de protesta, nen se pretende que haxa unha asistencia masiva pero invitamos a todas as persoas que o desexen a participar nesta andaina informativa deste sábado, 31 de maio, con saída ás 12,00 horas do actual centro de saúde.

Exit mobile version