A bibliotecaria municipal de Lourenzá, María José López Noceda, explica que “esta actividade, dirixida ao público infantil, pretende poñer en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía ata as cantareiras. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura”.