O rexedor declarou: “o Consello a Xunta aprobou a mellora da circunvalación de Rinlo e acceso as praias do noso concello. Un orzamento superior a 360.000 euros e é un convenio entre Turismo de Galicia e o Concello de Ribadeo. Neste caso, a Xunta de Galicia vai aportar 80%, o restante será aportada polo Concello e parécenos unha infraestrutura necesaria, importante, unha vía de comunicación co concello veciño de Barreiros, tamén unha infraestrutura estratéxica para o noso turismo, e dende logo para corrixir incidencias importantes que hai en Rinlo. Por iso, esa circunvalación servirá para evitar ese tráfico rodado que causa tantos problemas en Rinlo”.
Vega subliñou: “o que vamos é traballando por un turismo de calidade, é dicir as infraestruturas deben estar ben e desde logo iso favorece o turismo que queremos en Ribadeo. Trátase dun convenio necesario, importante, dado que anteriormente arranxamos desde Vilaselán a Rinlo, co Plan Único da Deputación, 370.000 euros, agora concretamos e concluímos toda unha rede dunha infraestrutura tan importante como a estrada da costa, que levaba moitos anos abandonada”.
O alcalde engadiu: “o Consello da Xunta deu luz verde para firmar o convenio e nos próximos días así o faremos. Polo tanto, unha boa noticia, outra nova xestión, outro novo convenio coa Xunta de Galicia, que o que favorece é fai é que Ribadeo avance”.