O evento está organizado pola Asociación Española de Loita contra o Cancro, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e de Eroski Center e co patrocinio de Solán de Cabras e Acisa.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, manifestou: “esperamos que sean muchas las personas que se unan a esta andaina del 17 de maio. Estamos ante un acto solidario por una gran causa. Todo lo que se recaude con la inscripción irá destinado a seguir mejorando la vida de las personas con cáncer y la de sus familias”.
A edil ribadense dixo que “empezar por cambiar nuestros hábitos nos ayudará a mejorar nuestra salud”. E destacou “el gran trabajo que la AECC de Ribadeo lleva realizando desde hace muchos años en nuestro municipio”.
As inscricións para participar na I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro xa se poden facer online e de xeito presencial serán do 12 ao 16 de maio de 12 a 14 horas no local da AECC na rúa Viejo Pancho, nº4.
A Andaina foi presentada esta mañá na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco.
Patrocinio de Acisa
Acisa patrocina a I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro, que terá lugar o vindeiro 17 de maio.
No acto de presentación a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado agradeceu “á AECC de Ribadeo e de Lugo a posibilidade de poder colaborar con esta causa, estamos moi contentos de poder facelo, xa que esta actividade axústase aos fins sociais da nosa asociación”. E animou ás veciñas e aos veciños de Ribadeo “a facer un oco nas súas axendas o vindeiro 17 de maio para participar nesta andaina, que partirá do Parque de San Francisco ás 11:00 da mañá”. A presidenta de Acisa fixo unha chamada á solidariedade “con esta causa, xa que calquera de nós pode ter que botar man dos servizos que presta a AECC, calquera de nos ten coñecidos ou familiares que padecen cancro ou calquera de nós pode ser afectado”.
As persoas que non poidan participar poden colaborar cun donativo, como inscrición solidaria, para a AECC. “Todo o que se recade irá destinado a seguir mellorando a vida das persoas con cancro e as súas familias e a impulsar a investigación oncolóxica, para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2023”, explican desde a AECC en Lugo.