Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo celebrou o día da nai repartindo flores na rúa

Ribadeo, 4 de maio de 2025. Acisa Ribadeo celebrou o día da nai repartindo flores na rúa “para conmemorar unha data tan especial”. As rúas da vila enchéronse de cor cos 100 caraveis entregados pola presidenta e polo xerente da Asociación de Comerciantes, Industrias, Servizos e Autónomos, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

E o vindeiro martes, 6 de maio, terá lugar o sorteo dos premios da campaña da nai. Acisa entregou entre o pasado 25 de abril e hoxe, 4 de maio, 9.000 papeletas entre a fiel clientela dos negocios de Ribadeo.

Tres serán as afortunadas que gozarán dunha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos; dunha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia con noite e aloxamento para dúas persoas no seu hotel Pazo Carballo; e unha cea para dúas persoas no restaurante A Horta de San Roque.

Exit mobile version