O Concello de Viveiro chama ao civismo e a colaboración cidadá para preservar a zona
Na actualidade, o Concello de Viveiro traballa na concreción do orzamento necesario para a reposición dos elementos afectados e, deste xeito, garantir a seguridade e o bo estado da infraestrutura. A partida destinada ao mantemento do Paseo do Landro en 2024 foi de 25.000 euros.
Desde o Goberno local tamén cómpre sinalar que o anterior equipo de Goberno fixo referencia a supostas negociacións co Servizo Provincial de Costas para a renovación integral da pasarela de madeira, pero no Concello non constan documentación ou avances formais sobre ese tema.