As actividades terán lugar en horario de 9:00 a 14:00 horas, ofrecéndose tamén a posibilidade de entrada flexible ás 10:00 h e saída ás 13:30 h, para facilitar a conciliación das familias.
O prazo de inscrición estará aberto do 2 ao 12 de xuño, e as prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a solicitude canto antes. A inscrición poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello ou presencialmente na Casa do Concello. As bases completas están dispoñibles na web municipal e na sede electrónica.
O Ludiverán ofrece unha alternativa lúdica e formativa durante os meses de verán, promovendo a convivencia, a creatividade e o xogo en grupo, nun ambiente seguro e adaptado ás idades das persoas participantes.