Site icon Crónica3.com A Mariña

Arrincaron en Ribadeo as actividades da Gastropraza

Ribadeo, 31 de maio de 2025. Ribadeo potenciará as compras no Praza de Abastos con Gastropraza, un programa de actividades que deu comezo este sábado e que se prolongará ata o 19 de xullo.

O despezamento e a elaboración do bonito foron os protagonistas desta primera xornada.
O alcalde, Dani Vega, subliñou que “a Gastropraza quere poñer en valor o produto de proximidade e de calidade. Queremos tamén converter a Praza da Abastos nun espazo para elaborar o produto, degustalo e tamén poñer en valor a todos os praceiros que teñen a súa forma de vida, que teñen o seu emprego na Praza de Abastos”. E engadiu: “debemos apostar polo comercio local e pola Praza de Abastos”.

Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Comercio e de Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, a directora territorial de Comercio, Carmen José López e a adl Silvia Martínez.

O 14 de xuño haberá talleres de conservas, o 28 de xuño a protagonista será a cociña vegana, o 5 de xullo será tempo para a cociña indiana e o 19 de xullo haberá obradoiros de saúde alimentaria e de nutrición.

Gastropraza está organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación provincial Cociñeiros Lugo.

Exit mobile version