O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “estas escolas están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2017. O prazo de matrícula estará aberto ata o 20 de maio. E o sorteo das prazas terá lugar o día 21”.
O edil ribadense contou que “son 20 as prazas ofertadas en pesca deportiva. Esta escola desenvolverase no mes de xullo. En surf hai 18 prazas. Esta escola tamén será en xullo e haberá dúas xornadas especiais náuticas. No caso do skate son 18 as prazas coas que contaremos. Esta actividade desenvolverase en xullo e en agosto. Para piragüismo contamos con 35 prazas para as rapazas e rapaces nados en 2016, haberá dous grupos e os horarios dependerá das mareas. E para vela tamén se ofertan 16 prazas en dous grupos, de 8 persoas cada un. Esta é a escola máis madrugadora, xa que dará comezo en xuño”.
O prezo de cada escola será de 40 euros. O pagamento da autoliquidación deberá facerse efectiva na conta corrente do Concello en Caixa Rural do 27 de maio ao 3 de xuño e o resgardo será entregado na Casa da Xuventude.
As escolas deportivas de verán foron presentadas polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.