Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 30 de maio está aberta a convocatoria de 2025 do Leader do GDR Terras de Miranda

Mondoñedo, 7 de maio, 2025. A convocatoria do novo Leader 2023-2027 abriu o día 30 de abril de 2025 e cerrará o prazo para a súa presentación o día 30 de maio.

As bases reguladoras das axudas están no DOGA nº 82 do mércores 30 de abril de 20205 e os promotores poderán acceder ao Convenio entre a Consellería de Turismo e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, para os proxectos de turismo e ó Baremo das axudas na páxina web do GDR, www.terrasdemiranda.org

Esta convocatoria conta cun importe de 457.173,78€ para proxectos produtivos (os que supoñen a realización dunha actividade económica) e non produtivos (proxectos promovidos por entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais e comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades e que non desenvolvan unha actividade económica), repartida en dúas anualidades. La convocatoria será por concorrencia competitiva.

Os proxectos terán un prazo de execución do 15 de outubro para a primeira xustificación e o 15 de xullo para a segunda e final. Aqueles que conten con financiación unicamente para unha anualidade o prazo de execución será o 15 de outubro.

A tipoloxía de proxectos é a seguinte: Inversións de natureza produtiva no sector da produción agraria primaria, Inversións de natureza produtiva elixibles en transformación e comercialización de produtos agrarios, Inversións de natureza produtiva elixibles en transformación e comercialización de produtos forestais, Inversións de natureza produtiva que supoñan a creación, modernización e ampliación de todo tipo de empresas que desenrolen actividades non agrarias e Inversións elixibles en proxectos de natureza non produtiva.

Quen necesite algún tipo de información, consulta ou asesoramento, pode acudir á oficina do GDR, con cita previa, sita na Rúa Julia Pardo Montenegro, 13,1º de Mondoñedo, a través do teléfono: 982507111 ou do e- mail: terrasmiranda@gmail.com

Exit mobile version