Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro pregunta se o Goberno de España ten previsto compensar os danos producidos polo apagón en Alcoa

Segundo as informacións feitas públicas polo comité de empresa entorno a trinta cubas de aluminio quedaron inservibles tras oito horas sen luz, en pleno proceso de rearranque

Cervo, 1 de maio de 2025. Os senadores do Partido Popular por Lugo, José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Carlos Serrano, veñen de rexistrar unha batería de iniciativas para saber se o Goberno de España ten previsto compensacións polo danos producidos polo apagón eléctrico en Alcoa.

A interrupción do subministro de enerxía –que no caso da Mariña prolongouse por 8 horas- deixou inservibles entorno a 30 cubas de aluminio segundo os datos que fixo público o comité de empresa, ademais doutros danos na factoría de alumina.

Os populares queren saber se Red Eléctrica-Redeia, operador e transportista único do sistema eléctrico español e empresa participada maioritariamente pola SEPI, isto é polo Goberno de España, e presidida por unha exministra socialista, ten intención de indemnizar a aquelas industrias que como Alcoa San Ciprián, víronse prexudicadas pola falta de electricidade ou se o Goberno de España habilitará axudas complementarias ás dos seguros.

Segundo o senador Balseiro esta situación supón un novo revés no proceso de reactivación da única fábrica de produción de aluminio primario que queda no noso país e agarda non comprometa os prazos e compromisos adquiridos para o rearranque, polo que urxe ao Goberno a asumir responsabilidades.

Exit mobile version