O mercadiño desenvolverase entre as 11h. e as 20h. e contará cunha ampla variedade de postos nos que se poderán mercar produtos locais, de proximidade, artesáns e outras variedades pensadas para todos os gustos.
PROGRAMA
11:00 Apertura do mercado
Amenizará a apertura do mercado a actuación do grupo de gaitas do A.F O Arco da Vella.
12:00 Dous en punto (música en directo)
O Grupo formado por Carlos Bau e Hugo Torreiro ofrecerá música en directo coas súas mellores versións.
12:30 – 14:30 Degustacións de elaboracións de razas autóctonas
Programa “un gusto de rural, un rural degusto” da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega a Barreiros con dúas elaboracións de calidade.
Os distintos postos do mercadiño repartirán vales coas compras para poder participar na degustación.
16:00 Taller Arte floral
Impartido por Musgo&Nordés, terá lugar un obradoiro creativo para elaborar centros florais personalizados. É preciso inscrición previa no teléfono 982 124 002 posto que as prazas son limitadas.
A letra que levará cada centro deberá ser escollida no momento da inscrición.
17:00 Obradoiros infantís
Estará aberto as crianzas que se acheguen ao mercadiño e realizaranse distintas manualidades de primavera.
18:00 Merenda no mercadiño
As crianzas degustarán á merenda unha elaboración de Pastelería Obradoiro con produtos de porco celta.
18:30 Xogos e dinamización infantil
Festa musical, con xogos e diversión asegurada para rematar o mercadiño.
20:00 Sorteos e peche de postos
Para poñer o broche final á xornada e como xa se vén facendo noutras edicións, sortearanse dúas cestas con produtos do mercadiño entre as persoas que fagan compras no evento.
Durante toda a xornada estará dispoñible un posto de libros solidarios dentro da carpa e no cal se poderán adquirir exemplares por 2 euros. A recadación íntegra será a favor da asociación local APNED.
Desde o Concello de Barreiros agradecen a colaboración da área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cuxa implicación permite desenvolver iniciativas que impulsan o consumo responsable, poñen en valor os produtos de proximidade e dinamizan social e economicamente o municipio.