Unha marabillosa ocasión “para deleitármonos coa oratoria de quen tan maxistralmente soubo falarnos desde o noso pasado (o dos nosos avós e avoas) para presentarnos as lembranzas do seu pasado (“Cando morreu a miña avoa, morreu unha biblioteca”) e facelas presentes para proxectalas no futuro e darlles nova vida. Unha ocasión, en fin, ideal para destacar as características da tradición oral que durante séculos peiteou as emocións dun pobo, nomeadamente feminino, que contou, cantou e bailou ao son da nosa lingua”.
A A.C. Francisco Lanza organiza agora para a semana a presentación de Lois Pérez co seu último libro “Cartas na escuridade”, da editorial Cuarto de Inverno. Trátase dunha interesante historia protagonizada por uns mociños ugandeses durante a celebración do mundial de fútbol en Qatar. Esta novela recibiu o Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno.