Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebración das letras galegas na libraría Bahia de Foz

Este xoves 15 de maio, ás 20:30h na Libraría Bahía de Foz celebrarán as letras galegas coa presentación do libro ‘Bóveda, memoria do lugar’ a cargo do seu autor, Óscar Górriz. Trátase dun libro de recollida etnográfica e musical con textos e fotografías. Haberá tamén música de pandeireta arrufando a presentación. Ademais o venres haberá un 10% de desconto en todos os libros escritos en galego, para celebrar as nosas letras e promover a compra de libros na nosa lingua.

Exit mobile version