A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “Charo López, Rosario Fernández e Lucía Pérez, foron as gañadoras dos premios da campaña do dia do nai de Acisa Ribadeo, aos que lles fixemos entrega dos seus agasallos nas últimas horas. Desde a asociación queremos felicitalas e darlles as grazas por mercar no comercio local”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “Lucia Pérez resultou agraciada cunha experiencia de desconexión dunha noite con almorzo e cea romántica para dúas persoas a escoller entre máis de 1.500 destinos; Rosario Fernández foi a gañadora dunha cea para dúas persoas no restaurante a Horta de San Roque valorada en 120 euros; e Charo López gozará dunha visita guiada a Bodegas Docampo, en Ribadavia, con estancia dunha noite para dúas persoas no seu Hotel Pazo Carballo. As persoas afortunadas fixeron as súas compras e depositaron as súas papeletas en Imagen365, Boutique Valentina e La Moda Sport”. As agraciadas poden gozar dos premios segundo as condicións marcadas polas firmas doadoras.
Cruzado Iglesias subliñou: “temos que agradecer o apoio ao comercio local tanto das nosas veciñas e veciños, como dos de toda a contorna, tanto de Asturias como de Galicia. E animámolos a seguir apostando polos nosos negocios durante todo o ano, porque ademais de mercar poden levar algún importante premio. Do mesmo xeito temos que darlles ás grazas ás empresas que doaron os premios para a pasada campaña do día do pai, que foron o restaurante A Horta de San Roque de Ribadeo, e Bodegas Docampo, de Ribadavia”.
Os premios foron entregados nas oficinas de Acisa, tras a celebración do sorteo entre as preto das 9.000 rifas recollidas que foron cubertas pola clientela do comercio asociado que fixo as súas compras dende o 25 de abril o 4 de maio nos negocios asociados.
Na entrega de premios participaron a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Esta actividade de Acisa Ribadeo estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia.