Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurada a tempada de cursos da piscina olímpica municipal de Cervo, que contou con 300 cursillistas

Cervo, 29 de maio de 2025. O Concello de Cervo despide esta semana unha nova tempada dos cursos da piscina olímpica municipal tanto na modalidade infantil como de adultos.

Tal e como precisou a alcaldesa, Dolores García Caramés, que se achegou á instalación para participar na entrega de diplomas, “contamos con 300 cursillistas, entre nenos e adultos, durante todo o curso, desde o mes de outubro”; e quixo felicitar a todo o alumnado polo seu esforzo e progreso durante estes meses.

Así, no caso dos cursos dirixidos ás crianzas, establecéronse dúas quendas “unha de outubro a febreiro e outra de febreiro a maio, para poder dar resposta á gran demanda existente, que se solventou con estes cursos intensivos”. En concreto, durante o curso asistiron ás clases 163 nenos/as de entre 3 e 11 anos; divididos en quendas e diferentes niveis; e 137 adultos que acudiron ás clases de aquagym e de natación nos diferentes niveis en función das habilidades.

A rexedora tamén destacou o volumen de socios/as da piscina “superando os 800, “é unha satisfacción ver como ano tras ano o volumen de usuarios vai medrando consolidando a instalación como un espazo saudable e de aprendizaxe para todas as idades”.

A alcaldesa tamén quixo agradecer ao equipo de monitores/as o seu traballo e profesionalidade, adaptándose en cada momento ás necesidades de cada grupo.

Exit mobile version