Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan en Mondoñedo as XVIII Xornadas ‘Abrindo Camiño’

Mondoñedo, 12 de maio de 2025. Hoxe dan comezo en Mondoñedo as XVIII Xornadas do peregrino Abrindo Camiño, organizadas pola asociación homónima de Amigos do Camiño Norte a Santiago e que contan co apoio da Xunta de Galicia. A edición deste ano leva por lema “Camiñando xuntos” e rende homenaxe ao décimo aniversario da declaración como Patrimonio da Humanidade dos Camiños Norte e Primitivo.

A programación inaugúrase esta tarde cunha charla coloquio no salón de actos do IES San Rosendo na que participarán representantes de asociacións de Amigos do Camiño de Galicia, País Vasco, Cantabria e Asturias. Seguirá a actuación de “Bea, a de Estrella”.

Os asistentes desfrutarán mañá dunha visita guiada á Catedral e o Museo Diocesano de Mondoñedo antes de iniciar un tramo de peregrinación ata a praza do Concello de Abadín. Haberá degustación de petiscos no pavillón da feira de Gontán e un torneo de chave.

Exit mobile version