Site icon Crónica3.com A Mariña

Convocado o IV Concurso de Fotografía Día Internacional do Medio Ambiente: Cal é teu lugar preferido de Xove?

Xove, 6 de maio, 2025. Xa está convocado o IV Concurso de Fotografía Día Internacional do Medio Ambiente: Cal é teu lugar preferido de Xove?, que se organizada con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño.

A Concellería de Medio Ambiente organiza este certame para tres categorías de participación: Infantil, Xuvenil e Adulto, nas cales poderá concorrer calquera persoa ata o 23 de maio, enviando ata tres fotografías dalgún lugar do municipio de Xove que sexa especial para ela/el. O obxectivo do concurso é poñer en valor aquelas contornas do concello de Xove máis descoñecidas. Para iso repartiranse ata 180 euros en premios entre as imaxes máis votadas polo público. Todas aquelas persoas interesadas en participar poden consultar as bases do concurso na páxina web do Concello de Xove: www.xove.es

Exit mobile version