Desde o BNG, o responsable comarcal Antonio Veiga afirma que “hai que ter moi pouca vergonza para pediren a directora María José Cortés e o xerente Ramón Ares que non se instrumentalice a sanidade cando eles dous en días pasados participaron xunto co Conselleiro de Sanidade nun acto partidario e propagandístico do Partido Popular” que engadíu tamén que “parece que lles preocupa máis a normativa de instalación de pancartas que a lexislación sanitaria, que eles cambiaron para suprimir a nosa Área Sanitaria”
Preguntas no Parlamento
Pola súa banda, Daniel Castro manifestou o seu desexo que no Parlamento expliquen as actitudes da dirección do hospital e da xerencia da área, e para eso rexistrou varias preguntas para resposta oral e escrita tanto en comisión coma en pleno. “Esto non pode volver ocurrir, porque os pacientes, os profesionais e os veciños e veciñas da Mariña merecen respecto por parte da dirección do Sergas, máxime despois de todo o que están a sufrir desde O Vicedo a Riotorto por toda a comarca co desmantelamento que o PP está levando a cabo na sanidade pública”, concluíu.