Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel García destacou en Mondoñedo “a labor das ganderías que manteñen a feira de gando das Quendas”

Mondoñedo, 1 de maio. O deputado Daniel García asistiu este xoves a xornada grande das Feiras e Festas das Quendas de Mondoñedo, organizadas pola Asociación As San Lucas co apoio da Vicepresidencia da deputacion de aLugo.

O responsable de Rural visitou a feira de gando e participou na entrega de premios, na que se recoñeceron as ganderías con máis cabezas e mellores exemplares de gando na feira. Entre eles, as ganderías con mellores exemplares de eguas, sementais e poldros de Pura Raza Galega e os gañadores do certame de corraletas de caballos bravos de monte.

Ademais de colaborar na organización das actividades gandeiras, a área de Rural ofreceu en Mondoñedo degustacións gratuítas de hamburguesas de carne de poldro de Pura Raza Galega e brioches de carne de porco celta. Unha iniciativa desenvolvida no marco do programa Un gusto de rural, un rural degusto, enfocado en promocionar o consumo dos produtos de razas autóctonas.

Daniel García valorou “a labor das ganderías que son as que fan posible s feira, traendo ata aquí os seus animais e preservando durante todo o ano esta actividade que é o motor do rural”.

Ademais das degustacións gratuítas na xornada de hoxe, a promoción dos produtos de razas autóctonas prolóngase durante a fin de semana – do 2 ao 4 de maio- nos locais de hostalería de Mondoñedo, que ofrecerán tapas elaboradas con porco celta e carne de poldro do Pura Raza Galega. Oito establecementos – O Petisco, Bodeguiña, Bodegón, Castro, Abadía, Rincón, Porriño e Galiana – participan na iniciativa.

Exit mobile version