Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, manifestou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que vai ter lugar do 3 ao 18 de maio. Tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que tamén a teña neste 2025”.
Euro solidario está organizada por Acia Foz-CCA a beneficio da AECC coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.
Formación
Acia Foz-CCA organiza o 12 de maio un curso de Canva: “unha ferramenta versátil para o deseño gráfico”. Terá lugar no salón de actos do Cenima de 20 a 22 horas. Os negocios asociados (propietarios e traballadores) poden inscribirse para asistir a esta formación no seguinte correo electrónico: aciafoz@gmail.com