O alcalde, Dani Vega, indicou que “nestes días, o departamento de Obras está facendo unha serie de mantementos, é dicir, de bacheos de varias vías de comunicación, que somos conscientes que están mal, pero que non podemos chegar con aglomerado tan rápido a todas as zonas. Marcamos unha liña de traballo, onde hai infraestruturas que estaban desfeitas, e xa lles estamos aplicando aglomerado”.
O rexedor subliñou que “agora mesmo estamos investindo 100.000 euros, e en breve actuaremos en máis parroquias aglomerando. Pero esas vías de comunicación que están mal, que teñen unha serie de baches, o que fixemos foi unha actuación de emerxencia tapando eses baches e actuando dende o departamento de Obras, é dicir con traballadores municipais, e así vamos seguir”.
Vega contou que “quedan 2 parroquias por actuar. Pero nestes momentos estamos investindo dende o Concello con medios propios, fondos tamén propios, actuando de forma urxente, tapando eses baches e tamén seguindo nesa planificación de mellora das infraestruturas xa con aglomerado. Repito neste momentos con 100.000 euros e en breve empezaremos xa a actuar noutras parroquias nas que tamén están as vías de comunicación totalmente desfeitas. De golpe non podemos chegar a todos os sitios, tan rápido non podemos chegar a todos os sitios, pero é bo ir planificando para mellorar as nosas vías de comunicación”.