“Xa o ano pasado puidemos comprobar que comezaba a aparecer sinaléctica en castelán. Xa na semana pasada volvemos atoparnos con máis sinaléctica en castelán. En actos institucionais, nos que se representa o concello, úsase sen miramento ningún o español obviando que cando unha persoa ostenta un cargo de responsabilidade débese á institución á que representa, non está alí a título persoal”.
Chove sobre mollado, engaden. Cada vez máis, semella que “Galicia Bilingüe”, agora xa descaradamente “Habla español”, está a tomar o pazo do marqués de Sargadelos. De que serve tomar posesión ao compás da marcha do Antigo Reino de Galiza se despois promoves e consentes atropelos coma este? Daniel Vega desenténdese completamente da promoción e uso do idioma galego. Poderá pronunciar os discursos que queira con motivo das celebracións institucionais das Letras Galegas. Pero a súa credibilidade, a do seu goberno, está polo chan por actitudes como estas que agora denunciamos. Queiman os remanentes, non son quen de rematar as obras a tempo.
“Dálles por cortar árbores caprichosamente e de xeito masivo… e agora empréndena coa lingua galega. Non son dignos do seu cargo. Ribadeo merece máis”, conclúen.