Ana Fernández López, de Ribadeo, é a posuidora da papeleta número 988 e por tanto a gañadora do premio de 200 euros.
Mayra Fernanda, de Ribadeo, posuidora da papeleta número 1515 é a gañadora do premio de 150 euros.
Antonio Fernández, de Ribadeo, posuidor da papeleta número 515 é o gañador do premio de 50 euros, que foi recollido nas instalacións de Acisa pola súa irmá.
E Carmen Rivero, da Pontenova, é a posuidora da papeleta número 812, dotada dun premio de 50 euros.
O terceiro premio de 50 euros quedou deserto tras a celebración do primeiro sorteo e procedeuse a sortear na mañá deste luns, 26 de maio. O número afortunado é o 948. A persoa que teña no seu haber esta papeleta ten ata o 30 de maio para reclamar o seu premio nas instalacións de Acisa.
O pasado 11 de maio no estadio municipal Pepe Barreira, de Ribadeo, celebrouse o primeiro sorteo desta campaña. Foi á conclusión do partido que disputaron o Ribadeo FC e o Sofán. O 967 foi o número gañador de 300 euros en vales de compra, que recibiu alí mesmo ao afortunado.
Días azuis
Ata o 10 de xuño ten lugar unha nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que organizan a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta coa colaboración de Abanca e das asociacións de comerciantes e dos CCA, como é o caso de Acisa Ribadeo.
Durante estas semanas, os clientes que realicen compras en establecementos participantes poderán rexistrar os seus tickets en www.diasazuis.com/www.diasazuis.com/comercios, duplicando a súa participación llo comercio realiza o rexistro pola súa conta. Entre todos os participantes sortearanse 20.000 euros en premios, distribuídos en 44 tarxetas prepago de 250 euros cada unha (11 por provincia) e 60 tarxetas de 150 euros cada unha (15 por provincia).
Como principal novidade, no acto de entrega de premios, que terá lugar o 26 de xuño ás sete da tarde na Cidade da Cultura, en Santiago, realizarase un sorteo en directo dun gran premio final de 3.000 euros, que o gañador poderá gastar nunha única xornada de compras na localidade da súa elección.
Con esta campaña o comercio reforza o seu compromiso coa economía local, fomentando a fidelización dos clientes e dinamizando as compras nos negocios de proximidade.