Site icon Crónica3.com A Mariña

Este martes, 27 de maio, o alumnado das aulas de galego e portugués impartidas por Dores Fernández Abel, profesora de Lingua e Literatura Galega e de Portugués no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, agora xubilada, puxo remate ao curso 24-25

Foi cunha visita a unha casa tradicional na Madanela, con demostración do funcionamento dun muíño de auga incluído, e cunha merenda. Foi unha excelente ocasión para que persoas doutras terras que, ou ben están de paso por Ribadeo, ou xa se estableceron na Mariña, puideran coñecer un pouco máis dos nosos costumes, apeiros de labranza, organización do territorio, etc. Como non podía ser menos neste ano dedicado as cantareiras, dedicamos una parte da tardiña a dar vida a cantigas populares, que durante o curso comentaron nas aulas de galego.

Exit mobile version