Site icon Crónica3.com A Mariña

En marcha unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo

Nesta 15ª edición, o 23 e 24 de maio realizarase na zona de O Vicedo e Xilloi

O Vicedo, 22 de maio, 2025. Os establecementos participantes ofrecerán unha variedade de pinchos exclusivos, con opcións que van desde “Bocao de sabor” ata “Arroz con calamares da ría.” Os asistentes terán a oportunidade de votar polo mellor pincho de 2025, puntuando cada elaboración cunha nota entre 0 e 10 puntos en urnas dispostas nos locais. Aquel establecemento que obteña a mellor valoración media recibirá o título de mellor pincho desta edición. Só poderán votar os maiores de 18 anos e as papeletas con irregularidades poderán ser anuladas.

Ademais, todos os votantes entrarán no sorteo de dúas pranchas de cociña de terracota, que se celebrará xunto coa entrega do premio ao mellor pincho o día 26 de maio ás 18:30 horas na Casa de Cultura do Vicedo. No caso do sorteo, non será necesario estar presente para reclamar o premio: a organización contactará co gañador por teléfono ata tres veces e, se tras 10 minutos non hai resposta, procederá a realizar unha nova extracción.

O prezo de cada pincho será de 4€, e os horarios do evento serán os venres e sábados de 20:00 a 23:00 horas, garantindo unha excelente relación calidade-prezo

Exit mobile version