Site icon Crónica3.com A Mariña

Localizado o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Ribadeo

Foi rescatado polo helicóptero Pesca II, de Salvamento Marítimo

Ribadeo, 11 de maio, 2025. O 112 Galicia tivo constancia da desaparición da muller no día de hoxe arredor das 12:30 horas. Na súa busca participaron a Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribadeo.

Porén, máis tarde, desde o 112 Asturias informaron de que atoparan o corpo da desaparecida no mar, preto do faro da Illa Pancha. Decontado, desde o CIAE 112 Galicia avisouse a Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Pesca II para rescatar á vítima.

Exit mobile version