Site icon Crónica3.com A Mariña

Lorenzana reitera que o reforzo da rede de transporte eléctrico é vital para a viabilidade de novos proxectos industriais que buscan enerxía máis barata

Defende que unha industria comprometida coa sustentabilidade, co territorio e coas persoas é compatible co medio rural

Sober (Lugo), 10 de maio de 2025. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reiterou hoxe a necesidade de que o Goberno central reforce a rede de transporte eléctrico porque é vital, dixo, para a viabilidade de novos proxectos industriais que buscan acceso a enerxía máis barata.

Lorenzana interveu hoxe no II Encontro de Sober, onde defendeu que unha industria comprometida coa sustentabilidade, co territorio e coas persoas é compatible co medio rural. “Nun momento en que os recursos naturais son máis importantes que nunca para un sector industrial que está en pleno proceso de descarbonización, o rural ten que estar na axenda das administracións e das empresas”, abondou.

Segundo indicou, a Xunta aprobou a Lei de Recursos Naturais, precisamente, para blindar o aproveitamento de todo o recurso renovable que alberga o medio rural, que debe facerse deixando beneficios en Galicia, nos territorios onde se asenta, por exemplo, un parque eólico, co obxectivo de reducir a factura eléctrica que pagan os galegos e as galegas.

Ese, dixo, é un dos obxectivos da política económica da Xunta, que ten unha base moi importante nos recursos naturais e no peche das cadeas de valor, ademais de na axilización administrativa e o acceso a solo industrial. Sobre este último punto, lembrou que a Xunta creou unha figura normativa específica para os concellos de menos de 20.000 habitantes, as Zonas Industriais Rurais (ZIR), para favorecer a implantación de proxectos de menor envergadura.

Lorenzana asegurou que se trata de atraer investimento cara ao rural. E, nese sentido, subliñou que a provincia de Lugo suma máis de 1.700 M€ de investimento en proxectos industriais.

Neste momento están en construción: a nova planta de Cafés Candelas no polígono das Gándaras (14 M€); a ampliación de Novafrigsa (Coren) en Lugo (10 M€); están próximas a comezar as obras da planta de Norvento, tamén no polígono das Gándaras (50 M€); e a de Kern Pharma no polígono do Reboredo, en Monforte de Lemos (59,4 M€).

Están xa operando as novas instalacións de Entrepinares en Vilalba (19,1 M€) e as de Oviganic Ibérica en Monforte de Lemos (16,1 M€).

E en diferentes fases de tramitación, xunto co de Altri (1.000 M€), outros catro proxectos: a planta de biogás que prevé implantar Agroamb Prodalt en Castro de Rei (22 M€); o proxecto Green Meiga (metanol verde) de Iberdrola en Begonte (518 M€); as novas instalacións de Granja Campomayor en Palas de Rei (5,35 M€); e unha planta de pélets e coxeración que promove Talentya Digital Global Solutions en Pedrafita do Cebreiro (23,1 M€).Sober (Lugo), 10 de maio de 2025.- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reiterou hoxe a necesidade de que o Goberno central reforce a rede de transporte eléctrico porque é vital, dixo, para a viabilidade de novos proxectos industriais que buscan acceso a enerxía máis barata.

Lorenzana interveu hoxe no II Encontro de Sober, onde defendeu que unha industria comprometida coa sustentabilidade, co territorio e coas persoas é compatible co medio rural. “Nun momento en que os recursos naturais son máis importantes que nunca para un sector industrial que está en pleno proceso de descarbonización, o rural ten que estar na axenda das administracións e das empresas”, abondou.

Segundo indicou, a Xunta aprobou a Lei de Recursos Naturais, precisamente, para blindar o aproveitamento de todo o recurso renovable que alberga o medio rural, que debe facerse deixando beneficios en Galicia, nos territorios onde se asenta, por exemplo, un parque eólico, co obxectivo de reducir a factura eléctrica que pagan os galegos e as galegas.

Ese, dixo, é un dos obxectivos da política económica da Xunta, que ten unha base moi importante nos recursos naturais e no peche das cadeas de valor, ademais de na axilización administrativa e o acceso a solo industrial. Sobre este último punto, lembrou que a Xunta creou unha figura normativa específica para os concellos de menos de 20.000 habitantes, as Zonas Industriais Rurais (ZIR), para favorecer a implantación de proxectos de menor envergadura.

Lorenzana asegurou que se trata de atraer investimento cara ao rural. E, nese sentido, subliñou que a provincia de Lugo suma máis de 1.700 M€ de investimento en proxectos industriais.

Neste momento están en construción: a nova planta de Cafés Candelas no polígono das Gándaras (14 M€); a ampliación de Novafrigsa (Coren) en Lugo (10 M€); están próximas a comezar as obras da planta de Norvento, tamén no polígono das Gándaras (50 M€); e a de Kern Pharma no polígono do Reboredo, en Monforte de Lemos (59,4 M€).

Están xa operando as novas instalacións de Entrepinares en Vilalba (19,1 M€) e as de Oviganic Ibérica en Monforte de Lemos (16,1 M€).

E en diferentes fases de tramitación, xunto co de Altri (1.000 M€), outros catro proxectos: a planta de biogás que prevé implantar Agroamb Prodalt en Castro de Rei (22 M€); o proxecto Green Meiga (metanol verde) de Iberdrola en Begonte (518 M€); as novas instalacións de Granja Campomayor en Palas de Rei (5,35 M€); e unha planta de pélets e coxeración que promove Talentya Digital Global Solutions en Pedrafita do Cebreiro (23,1 M€).

Exit mobile version