Site icon Crónica3.com A Mariña

Navia informa sobre a convocatoria pública de Ayúdas Económicas de Emerxencia Social 2025

Navia, 21 de maio de 2025. O Concello de Navia informa á cidadanía da apertura do prazo para solicitar as Axudas Económicas de Emerxencia Social correspondentes ao 2025, unha convocatoria destinada a apoiar ás persoas e familias do concello que se atopen en situación de especial vulnerabilidade.

Estas axudas, publicadas no BOPA n.º 94 do 19 de maio de 2025, articúlanse en varias modalidades::

Axudas de emerxencia social para familias con menores
Axudas de emerxencia social de garantía enerxética
Axudas de emerxencia social para gastos ordinarios e extraordinarios
Axudas de emerxencia social para a vivenda

Poderán ser beneficiarias aquelas persoas que presenten dificultades económicas para facer fronte a gastos de primeira necesidade, subministracións básicas, mantemento ou acceso a unha vivenda digna, ou necesidades derivadas de menores a cargo.

A información detallada e a presentación de solicitudes realizarase a través dos Servizos Sociais do Concello de Navia, mediante cita previa no teléfono 985 473 300.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de novembro de 2025.

Prazo de xustificación das axudas concedidas: ata o 31 de decembro de 2025.

Desde o Concello de Navia lémbrase que este programa ten como obxectivo reforzar a protección social e garantir unha resposta #ante situacións de urxencia ou precariedade económica. Anímase a todas as persoas interesadas a informarse.

Exit mobile version