Site icon Crónica3.com A Mariña

Navia mantén activo o Punto de Información ao Inmigrante en colaboración con Acce

Navia, 20 de maio de 2025. O Concello de Navia, a través da súa Área de Servizos Sociais e en coordinación coa Asociación Accem, continúa ofrecendo o Punto de Información ao Inmigrante, un servizo que ten como obxectivo acompañar e asesorar ás persoas de orixe estranxeira no seu proceso de integración.

Este recurso, totalmente gratuíto e confidencial, préstase no Centro Municipal de Servizos Sociais de Navia (R/ Antonio Fernández Vallina nº6 – Planta 1ª, á esquerda, Sala 2), con atención presencial os mércores en horario de 10:00 a 14:00 horas, nas datas indicadas para o ano 2025.

Que ofrece este servizo?

Información e asesoramento sobre o marco lexislativo, administrativo e laboral.

Apoio na interpretación das claves culturais da sociedade de acollida.

Acompañamento na comunicación interlingüística.

O servizo, que funciona en Navia desde 2023, está xestionado por profesionais especializados da entidade Accem, cunha ampla experiencia en atención a persoas inmigrantes.

Calendario de atención 2025:

11 de xuño
16 de xullo
13 de agosto
10 e 17 de setembro
15 de outubro
5 e 19 de novembro
17 de decembro

As persoas interesadas en recibir atención poden solicitar información ou cita previa a través do teléfono do Centro de Servizos Sociais: 985 47 33 00.

A concelleira responsable de Servizos Sociais, Ana Belén González, destacou a importancia deste recurso “como un punto de apoyo cercano y especializado que ayuda a muchas personas a desenvolverse con seguridad en su nueva realidad”. Asemesmo, subliñou “el compromiso del Ayuntamiento de Navia con la inclusión, la igualdad de oportunidades y la convivencia en diversidad”.

Este servizo representa un compromiso firme do Concello de Navia coa integración, a convivencia e o benestar de toda a cidadanía.

Exit mobile version