Site icon Crónica3.com A Mariña

O 18 de maio terá lugar en Ribadeo a ‘Barber Battle’, a batalla de perruqueiros máis grande do norte peninsular

Ribadeo, 1 de maio de 2025. O vindeiro 18 de maio terá lugar en Ribadeo a Barber Battle, a batalla de perruqueiros máis grande do norte de España. Está organizada por Cristhian Barber e conta coa colaboración do Concello.

O evento foi presentado no Salón dos Alcaldes con asistencia do rededor, Dani Vega, dos concelleiros de Mocidade e Turismo, Francisco José Silvent e Marta Saiz, e do perruqueiro organizador do evento Cristhian Barber.

No pavillón da rúa Alfredo Deaño, lugar no que se celebrará a Barber Battle, haberá unha master class visual e a batalla. No evento participarán Ismael de Mora, Fran Aranda, Cristhian Barber, Sion Barbería, Iván Jiménez y Jesús Vazques.

As prazas para asistir a esta cita son limitadas, segundo informan desde a organización. O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, sinalou: “no Concello estamos contentos de acoller este evento, organizado por un mozo que conta co seu negocio en Ribadeo, xa que é a primeira vez que se celebra esta batalla de barbeiros na nosa vila e nesta zona. Agardamos que teña boa acollida e que as mozas e os mozos que acudan poidan aprender técnicas e crear os seus propios estilos de peiteados”.

Exit mobile version