O voceiro do BNG de Ribadeo, Pablo Vizoso: “Neste últimos días tivemos aviso por parte de diferentes veciños e veciñas da penosa situación de varias pistas municipais en Remourelle. Desde este grupo queremos solicitarlle ao goberno municipal que se tomen as medidas oportunas para arranxar estas pistas que se atopan completamente desfeitas, con fochancas de case medio metro, totalmente intransitables. O deterioro debeuse ao paso de maquinaria e vehículos pesados e agora necesitan unha actuación urxente para que poidan volver estar habilitadas para o seu uso normal”.
Vizoso engadiu: “Entendemos que é labor do goberno municipal tomar as medidas oportunas para que estas pistas sexan arranxadas. No Pleno ordinario de maio presentaremos un rogo para que o tomen en consideración e seguiremos atentos para ver se son capaces de reparar o estado lamentábel destes viais”.