Segundo explica a portavoz municipal do BNG, Miriam Bermúdez, “non só non hai investimento nin proxectos novos, senón que se elimina o pouco que temos. O parque de Portochao desaparece, como se estorbase, nun claro exemplo de que este goberno prefire quitar antes que amañar”.
O parque de Portochao era unha das poucas zonas de lecer da contorna. Agora, coa súa supresión, a parroquia queda sen espazo de xogo, sen renovación e sen alternativa, mentres o goberno municipal continúa sen presentar ningún proxecto que mellore os servizos públicos.
“Nin renova, nin amaña: quita. Recorta en todo, menos no seu soldo”, engade Miriam Bermúdez. “E así seguimos acumulando decisións que empobrecen Viveiro e fan desaparecer o investimento nas parroquias”.
Desde o BNG “esiximos explicacións inmediatas sobre esta decisión e instamos ao goberno local a rectificar, repoñer o parque de Portochao e comprometerse cun plan real de mantemento e renovación dos espazos públicos. Non imos permitir que sigan convertendo Viveiro nun deserto de servizos: sen atención, sen coidado e sen futuro”.