A deputada Iria Castro sinalou que “se trata dun comentario machista que xulga e califica o traballo e neste caso a actividade política das mulleres dunha forma distinta a dos homes, e perpetúa estereotipos de xénero que deberían estar xa moi superados ” e pediu ao Partido Popular “que rectifique as palabras, e tamén os feitos porque”, lembrou, “no pleno temos unha bancada popular sen ningunha muller, que invisibiliza ao 50 por cento da poboación”