21 equipos, 230 deportistas e unha das Escuelas Deportivas con máis nenas e nenos de toda a provincia
Con 24 anos de historia, a meses de celebrar o seu 25 aniversario, este club mariñán non deixa de medrar ano a ano, con 21 equipos, 230 deportistas (70 xogadoras e 160 xogadores). As Escolas Deportivas Cabreiroá Burela FS albergan 205 nenos e nenas de todas as categorías (150 nenos e 55 nenas). Ademais de equipos biberón e prebenjamín mixtos, o club conta con conxuntos, tanto masculinos como femininos, desde categoría benxamín a xuvenil, algo moi singular deste club nos últimos anos e que non moitos clubs de Galicia e mesmo de toda España poden dicir. 15 técnicos e 17 delegados ademais do filial feminino e os dous equipos senior que xogan na máxima categoría. Coordinadas polo tamén preparador físico do primeiro equipo masculino, Alfonso Mera, coa axuda de Jairo Campo á fronte da sección feminina e Pancho García da masculina, a base do CD Burela FS é un proxecto grande aínda en crecemento, cunha estrutura moi sólida que pretende seguir aumentando adeptos a este bonito deporte que mobiliza cada día a multitudes de persoas implicadas nesta gran Familia Laranxa.
Recentemente realizouse a Foto de Familia que presentamos e que cada ano ocupa máis asentos na nosa bomboneira, o noso Vista Alegre.