O CEIP de Cervo comparte esta experiencia con outro centro educativo de Granada, o que permite un enriquecemento mutuo tanto a nivel cultural como humano. A actividade na que están a participar é a Ruta 7: País Vasco e Castela e León Oriental, que leva por título “Un viaxe no tempo, da Prehistoria á vangarda”.
Durante esta semana, o alumnado está a realizar un percorrido que combina a ciencia, a arte e a literatura con visitas a lugares de gran valor patrimonial, natural e histórico. A ruta inclúe actividades como:
– A visita á factoría Albaola en Pasaia, onde se constrúe unha réplica dun ballenero coas técnicas tradicionais.
– Percorrido literario polo casco histórico de Donostia, visita ao Museo de Ciencias Eureka e subida ao Monte Igueldo.
– Descubrimento do flysch de Zumaia, a historia ferroviaria no Museo Euskotren en Azpeitia, e unha ruta ata San Juan de Gaztelugatxe.
– Paseos pola ría de Bilbo, visita ao Museo Guggenheim, taller de deportes tradicionais vascos en Sopuerta e exhibición de barrenadores.
– Exploración do patrimonio de Burgos, incluíndo o Museo da Evolución Humana e o xacemento de Atapuerca.
– Finalmente, o grupo visita o Mosteiro de Silos e aspara participar nun concerto didáctico en Covarrubia antes de rematar a ruta.
O programa inclúe tamén dinámicas de convivencia entre o alumnado dos dous centros, momentos de reflexión e aprendizaxe compartida, fomentando así valores como a tolerancia, o respecto e a amizade.
Este tipo de proxectos constitúe unha valiosa oportunidade para complementar os contidos curriculares, ao tempo que se promoven metodoloxías activas e vivenciais que permiten ao alumnado aprender desde a experiencia directa.