Efrén Castro e Daniel García visitaron as instalacións do club, que pula por manter a tradición remeira na ria de Viveiro
Trátase dunha embarcación de banco fixo de 9,5 metros de eslora e 1.22 metros de manga de fibra de carbono, un material valorado no equipamento deportivo pola súa lixeireza e resistencia.
A nova embarcación renova o equipamento do Club de Remo de Celeiro, que conta con máis de medio cento de remeiras e remeiros -desde infantil ata veteranos – e que pula por manter a tradición remeira na ría de Viveiro promocionando este deporte entre persoas de todas as idades.
Na visita ao club, na que participaron tamén as concelleiras do BNG en Viveiro Miriam Bermúdez e Iria Cotelo, os responsables provincias valoraron “o traballo que desenvolve o club para manter esta tradición deportiva cun grupo interxeneracional que transmite unha gran sintonía e amor polo remo” e recoñeceron “o esforzo económico e loxístico que requiren os deportes naúticos, que tratamos de apoiar priorizando os proxectos máis singulares como é o caso do Club de Remo de Celeiro, o único de banco fixo da provincia”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegou unha subvención de 12.000 euros para esta renovación do equipamento deportivo.