Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz amplía a súa programación deportiva cun curso de pádel

Alfoz, 21 de maio de 2025. O Concello de Alfoz amplía a súa programación deportiva cunha nova actividade: un curso de pádel que se desenvolverá entre o 7 de xuño e o 5 de xullo, e que está dirixido a nenos e nenas desde os 6 anos, mocidade e persoas adultas.

Esta proposta, que se ofrece por primeira vez no municipio, terá lugar os luns e sábados pola tarde, cunha distribución de horarios por tramos de idade:

De 6 a 12 anos: sábado de 16:00 a 17:00 h (gratuíto).

De 13 a 17 anos: luns de 19:00 a 20:00 h e/ou sábado de 17:00 a 18:00 h (gratuíto).

Maiores de 18 anos: luns de 20:00 a 21:00 h, sábado de 18:00 a 19:00 h ou de 19:00 a 20:00 h.: 10 €/mes por unha sesión semanal. 15 €/mes por dúas sesións semanais.

As inscricións estarán abertas do 22 ao 30 de maio e poderán formalizarse no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar o deporte base, a práctica saudable e o aproveitamento dos espazos deportivos municipais por parte de toda a veciñanza. Dende o Concello convidan á participación nesta nova actividade, pensada para todos os públicos e con horarios accesibles para conciliación familiar e laboral.

Exit mobile version