Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela celebra o Día das Letras Galegas cun concerto da Escola Municipal de Música

O concerto será este venres, 16 de maio, ás 17:00 horas no Salón de Actos da Escola Municipal de Música

Burela, 12 de maio de 2025. O Concello de Burela celebra este venres 16 de maio o Día das Letras Galegas cun concerto especial da man da Escola Municipal de Música de Burela.

Durante o acto, recitaranse varios temas da poesía e do cancioneiro popular galego, que despois serán interpretados por diferentes agrupacións da Escola Municipal de Música.

Segundo declarou Mario Pillado, o tenente de alcaldesa de Burela, esta é a contribución que fan dende a Escola de Música nestas datas “tan especiais para a nosa cultura e o noso idioma”. Tamén resaltou a importancia de que este ano se lle adique este día ás cantareiras, das que destaca “o seu traballo no presente, pasado e futuro en prol da nosa lingua, da nosa música e da nosa cultura”, explicou Pillado.

O evento estará aberto ao público e busca ofrecer unha homenaxe á tradición musical e literaria galega, remarcando o papel esencial das mulleres na preservación da nosa identidade cultural.

Exit mobile version