Os/as participantes teñen de prazo ata o 13 de maio para presentar os traballos na Biblioteca Municipal
O alumnado dos centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos- recibiu un marcapáxinas que contén as bases do concurso.
O certame está aberto a todos os nenos e nenas, que deberán presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo as temática “Ler con Coñecemento”.
O prazo de presentación dos traballos, que deberán ser presentados na biblioteca rematará o vindeiro 13 de maio. O fallo do xurado local farase público antes do 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Os traballos premiados nesta primeira fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, baixo o patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.