Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo mellora as arterias de comunicación no lugar de Motín, na parroquia de Castelo

A actuación supón un investimento superior aos 120.000 euros procedentes do Plan Único

Cervo, 9 de maio, 2025. O Concello de Cervo traballa estes días na mellora e acondicionamento das vías de comunicación do Lugar de Motín, na parroquia de Castelo.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse este mediodía ata a zona en compañía do pedáneo, para supervisar in situ a obra que supón un orzamento superior aos 120.000 euros -123.282,76 concretamente- procedentes do Plan Único.

Tal e como explicou estase a actuar sobre unha superficie de 2260 metros lineais “unha obra que suporá a renovación integral do firme de varios tramos que se atopaban deteriorados e unha importante mellora para a calidade de vida da veciñanza, garantindo un acabado duradeiro e unha maior seguridade viaria e facilitando a mobilidade tanto para os particulares como para os vehículos agrícolas”.

Este tipo de proxectos –afondou- reflicten o noso compromiso co rural, co equilibrio territorial e coa mellora continua das nosas infraestruturas municipais “seguimos apostando pola vertebración do noso territorio poñendo o foco na busca do equilibrio estre todas as zonas do noso concello, sexan rurais ou urbanas”.

Exit mobile version