Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello homenaxea á SD Burela polo seu ascenso e aos veteranos pola súa vitoria na liga provincial

Burela, 11 de maio de 2025. O Concello de Burela celebrou esta mañá, domingo 11 de maio, un acto de homenaxe á SD Burela masculina e ao equipo de veteranos do club, como recoñecemento polos seus recentes éxitos deportivos.

O acto tivo lugar ás 12:00 horas no campo da Marosa, nun ambiente festivo e de orgullo colectivo. A SD Burela foi homenaxeada polo seu ascenso á categoría Preferente, mentres que os veteranos recibiron o recoñecemento pola súa vitoria na Liga de Veteranos División de Honor da provincia de Lugo.

O Concello quixo destacar o traballo, a constancia e o compromiso de ambos equipos, que contribúen a manter viva a paixón polo fútbol no municipio e a fomentar os valores do deporte entre xeracións.

Exit mobile version