Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo fai un balance positivo da XI Feira do Libro ‘Letras no Campo’, que remataba este domingo

Ribadeo, 26 de maio de 2025. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, fai un balance positivo da XI Feira Ribadense do Libro Letras no Campo, que rematou onte.

A edil sinalou que “a valoración é moi satisfactoria. Gustaríame destacar a implicación de autores locais como Carlos Álvarez e Alberto Paraje e institucións como a Deputación de Lugo, que completaron diferentes facetas da historia de Ribadeo coas súas publicacións”.

Sanjurjo subliñou tamén “a participación de persoas e asociacións ribadenses con actividades diversas (Mini, Luis Pulpeiro, o Centro de Día, Amigos da Gaita e o Grupo de Teatro). E a promoción da lingua e do patrimonio inmaterial a través das distintas homenaxes ás cantareiras pasadas e presentes que implica un compromiso para co futuro”.

A concelleira de Cultura tivo palabras de agradecemento “para todas as persoas que fixeron posible esta feira, sobre todo ós libreiros e ó público que mercou libros nela. Grazas tamén á Xunta de Galicia pola súa colaboración coas Letras no Campo e comezamos desde agora a preparar a seguinte edición”.

Exit mobile version