Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Vilalba rexenerará ao completo o vial que une a igrexa da parroquia con Tardade

Vilalba, 28 de Maio de 2025. O Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou este venres en Codesido que o Concello rexenerará ao completo o vial que une a igrexa da parroquia con Tardade.

A través dunha moi concorrida reunión, Renda explicoulle aos veciños/as presentes que esta nova obra terá un custe de 31.101,84€. Un importante investimento, que deixará totalmente renovados os preto de 2km do tramo que comprende dende a estrada provincial LU-P-6513 e que da acceso aos barrios do Cordal, Corredoira, Cartín, Trascastro e A Retorta, ata rematar no vial municipal 065_039.

Ademais o proxecto inclúe a necesaria limpeza de cunetas en todo o vial e colocación dunha nova sinalización vertical.

Así mesmo a xuntanza permitíu fixar de común acordo cos veciños/as presentes a rexeneración completa do acceso á Charca do Alligal como a seguinte obra na parroquia.

Renda, que agradeceu a grande afluencia de xente á reunión, comprometeuse a volver convocar aos seus veciños/as, unha vez estean rematados os traballos anunciados para fixar xa os seguintes.

Exit mobile version