Un novo investimento, co que o Concello superará en só dous anos de mandato, o millón de euros de inversión neta no rural.
Tal e como avanzou hoxe Renda, rexeneraranse por completo ata 20 viais de titularidade municipal nas parroquias de Santaballa, Tardade, Codesido, Sancovade, Oleiros, Román, Belesar, Rioaveso, A Torre, San Simón, Distriz, Martiñán, Ladra, Corvelle Carballido, Insua, Lanzós, Gondaísque, Boizán e Goiriz.
Dende o inicio da lexislatura executáronse no rural 787.000€ en múltiples obras, fundamentalmente, na renovación e mellora da rede viaria municipal. Coas vindeiras, o Goberno de Vilalba acadará o 1.063.343€ coincidindo co ecuador do mandato.