Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro continúa coa campaña de compostaxe doméstica

Os veciños interesados aínda poden solicitar algún dos composteiros dispoñibles

Viveiro, 23 de maio de 2025. Permanece aberta a campaña de compostaxe doméstica posta en marcha polo Concello de Viveiro. Os interesados poden solicitar os composteiros aínda dispoñibles no correo electrónico viveirosustentable@mediagesgm.com e no número de teléfono 675 507 832. Serán entregados no domicilio dos veciños e veciñas que os pidan e que tamén poderán asistir a unha formación presencial.

Tamén se ofrece un servizo de mestre composteiro, que visita os domicilios dos veciños e veciñas que se apunten na campaña e aporta información, asesoramento e acompañamento no proceso de empezar a utilizar a compostaxe doméstica.

Un dos obxectivos da iniciativa é promover hábitos sustentables, que é un dos compromisos do Concello de Viveiro no Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable.

Exit mobile version