Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro estrea nova web

No enderezo viveiro.gal, inclúe, entre outras, a sede electrónica, o portal de emprego e a sección de actualidade

Viveiro, 19 de maio de 2025. O Concello de Viveiro vén de estrear a súa nova web. No enderezo viveiro.gal, contén, ademais da sección de actualidade, outras opcións como a sede electrónica, o portal de emprego ou unha pestana na que se inclúen todos os servizos que ofrece o concello.

Cun deseño responsive, a nova web do Concello de Viveiro fai fincapé na accesibilidade, na transparencia e na actualización constante dos seus contidos. Un dos obxectivos marcados é o de dar o mellor servizo aos cidadáns, polo que tamén incluirá as actas dos plenos, a posibilidade de tramitar xestións online ou un enlace directo ao portal viveiroturismo.com para que tanto a veciñanza como os visitantes poidan coñecer de primeira man os atractivos da vila e da comarca.

A alcaldesa Mariña Gueimunde afirma que «a nova web do Concello é unha mostra máis do compromiso que temos coa transparencia, a proximidade e o diálogo. Con ela, queremos mellorar os servizos públicos, apoiar os nosos tecidos económico e social e poñer en valor o noso patrimonio e tradicións».

Exit mobile version