O prazo para realizar os trámites permanece aberto e poden realizarse tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica
Os documentos que se deben presentar son a fotocopia da licenza de funcionamento do establecemento ou a comunicación previa ao inicio da actividade, o plano da situación da terraza a escala 1/100 no que se reflicta a superficie que se ocupará e todos os elementos de mobiliario urbano, e a copia da póliza de seguro á que se fai referencia no artigo 8 da Ordenanza Reguladora.
Os interesados poden obter máis información no Departamento de Urbanismo do ou a través da web municipal. Desde o Concello de Viveiro agradecen a colaboración do sector hostaleiro, cuxa actividade contribúe a dinamizar a vila e a crear un ambiente agradable para a veciñanza e os visitantes. Por iso se insiste na necesidade de manter os permisos actualizados e de respectar os espazos establecidos para favorecer a convivencia. O feito de que as terrazas estean en regra mellora a imaxe do municipio, garante a seguridade e facilita o funcionamento do entorno urbano.